Campañas para marcas
Deseñamos colaboracións entre a túa marca e os creadores de contido galegos máis afíns ao teu universo. Desde a estratexia inicial ata a publicación, xestionamos todo o proceso para que a campaña sexa coherente, auténtica e con resultados medibles.
Campañas para empresas e pemes
Axudamos a empresas a gañar visibilidade dixital a través de campañas con creadores que falan o mesmo idioma que os seus clientes. É unha forma eficaz de facer marketing dixital sen necesidade de grandes producións nin orzamentos elevados.
Campañas para eventos
Convertemos os teus eventos en contido que se difunde de forma orgánica. Os nosos creadores asisten, crean e comparten en tempo real, xerando expectación antes do evento e recordo despois, chegando a públicos difíciles de alcanzar doutro xeito.